Xornada de Networking e Speedmeetings 29 setembro

Facendo Empresa e AESGAL teñen o pracer de convidar a tua sociedade laboral* a unha Xornada de Networking e Speedmeetings gratuita que se celebrará en Santiago de Compostela o Martes 29 de setembro de 10 a 14.40 horas no Hotel Ruta Jacobea

Se non tiveches a ocasión de asistir nunca a unha xornada deste tipo explicamos brevemente en qué consisten:

Son encontros de duas persoas cunha duración moi concreta (7 minutos de contacto + 3 minutos para anotacións e preparar a seguinte cita) terás a ocasión de presentar a tua empresa e coñecer o que ofrecen as demáis. Estarás informado dos tempos visual e acústicamente en todo momento, para poder organizarte mellor.

Saberás previamente qué empresas estarán presentes e poderás indicarnos cales son as que máis che interesan para asegurar que estarás con elas. Haberá momentos informais, como unha pausa para café e unha posta en común final, que poderás aproveitar para comentar detalles que quedaron pendentes na conversa inicial. Pensa que empresas que a priori non teñen nada en común contigo poden ser clientes, proveedoras ou incluso socias nalgún negocio futuro.

Temos acordado co Hotel un menú para os que desexedes prolongar os contactos quedándovos a comer (o custe desta comida é a cargo das persas que desexen quedarse).

Se desexas máis información non dubides en pedila.

O programa da Xornada:

29 de setembro – Hotel Ruta Jacobea**
C/ Lavacolla, 41 – 15820 Santiago de Compostela

10.00 – 10.30 Acreditaciones e presentación do acto.
10.30 – 12.00 Speedating – Fase 1
12.00 – 12.20 Descanso e café
12.20 – 14.00 Speedating – Fase 2
14.00 – 14.40 Rolda común sobre a experiencia, minutos adicionais para contactos e despedida.

* Unha persoa por sociedade laboral. Se quedan plazas dispoñibles darémosche a opción de inscribir a unha segunda persoa.

NOTA: Non é condición imprescindible formar parte previamente de Facendo Empresa, ainda que lembramos que non ten ningún tipo de custe para a tua empresa.

Xornada de Networking e Speedmeetings

Hotel Ruta Jacobea

Calle Lavacolla, 41
15820 Santiago de Compostela
A Coruña
España

Formaliza a túa inscripción

Quero asistir !