Que é Facendo Empresa?
É unha Marca Colectiva como outras moitas que existen no mercado, por exemplo Galicia Calidade.
O uso desta marca é de balde.
Por que integrarse en Facendo Empresa?
Esta nova marca ten como obxectivo principal a xeración de negocio para as sociedades que se integren nela, creando comunidade, e axudando a explicar o tipo de empresa que sodes.
Ademais, hai unha serie de obxectivos secundarios que contribuirán de maior ou menor xeito ao principal:
Leer máis...
– Dar a coñecer no noso entorno a existencia das sociedades laborais e os valores (link aos valores de abaixo) positivos para a sociedade das nosas empresas.
– Facilitar e potenciar relacións e negocios entre as empresas integradas na marca con xornadas de networking e outras actividades.
– Ser un selo de identidade recoñecido na sociedade.
– Facer pulo para defender os nosos intereses colectivos.
Para lograr eses obxectivos, organizaremos actividades creativas e innovadoras baixo o paraugas da marca, en diversas fases temporais, para dala a coñecer ante á sociedade galega na que se atopan a meirande parte os nosos potenciais clientes (empresas, institucións e particulares) e tamén os nosos provedores.
É evidente que para unha marca colectiva como a que agora se pon en marcha compre acadar un bo número de empresas asociadas que reforce a campaña de lanzamento e ofreza aos clientes unha ampla oferta de produtos e servizos.
Cunha pequena implicación no proxecto podes recibir un incalculable beneficio no futuro.
Cales son os valores das sociedades laborais?
Unha parte de sociedade está a buscar un xeito diferente de relacionarse, de participar, de consumir, etc.
Leer máis...
É por iso que estamos convencidos de que unha marca como Facendo Empresa, integrada por sociedades que ofrecen unha serie de valores que os diferencian doutro tipo de empresas vai ser vista con bos ollos.
Sen afondar nos conceptos, estes serían os valores que nos diferencian e dannos valor social:
– Somos Empresas galegas.
– Os traballadoras e traballadores somos os donos maioritarios delas.
– Traballamos cooperando, non competindo.
– Creamos traballo estable.
– Ofrecemos servizos e produtos de calidade.
– Creamos comunidade cos nosos clientes, provedores e coa contorna social na que estamos.
A marca levará a cabo campañas nos medios de comunicación e por medio doutras canles tecnolóxicas para darse a coñecer.
Como podo formar parte de Facendo Empresa?
Se vos asociades a AESGAL teredes acceso automático á marca e contribuiredes a facer ás sociedades laborais galegas un colectivo máis forte e cohesionado.
Leer máis...
Se non, a través deste formulario (link ao formulario) nun espazo moi breve de tempo poderedes comezar a gozar das avantaxes de pertencer á marca, ademais de integrar o seu logotipo en toda a comunicación da vosa sociedade laboral, ao ritmo que desexes.